martes, 27 de noviembre de 2012

O Universo

Os nenos de 6º de Infantil estamos a aprender un montón de cousas sobre O Universo.
Xa sabemos un montón de cousas. O sistema solar, cantos planetas ten, qué é un satélite...
Para saber cantos planetas hay, aprendemos esta canción, pero si a escoitades tedes que ter en conta que temos que modificala. Nos xa sabemos que Plutón NON é un planeta, por iso cando a cantamos no estribillo decimos:
PLUTÓN NO, NO, NO
PLUTÓN NO, NO NO...



Retomamos o Blog


O primeiro de todo os mestres de Infantil queríamos pedir desculpas por ter un pouco abandoada esta ferramenta que tantas alegrías deunos o ano pasado.
Así que desde XA, estamos operativos un ano máis.
En breve comezaremos a publicar máis vídeos, imaxes, novas e demáis.  Voltamos con moitas gañas e de seguro que  nonvos imos a defraudar.

viernes, 29 de junio de 2012

Agasallo de final de curso

Como agasallo de fin de curso, os nenos  de Educación Infantil, coa axuda de algúns de Primaria, estivemos traballando moi duro para ofrecervos o seguinte vídeo.
É unha pequena presentación do que é o noso cole. Algúns dos seus espazos e as súas xentes (mestres, coidadoras, conserxe, xente de comedor....).
Pero de todos, sen dúbida algunha, as estrelas que máis brillan somos nós, os nenos, a verdadeira razón de ser de este blog.
Agora que xa está rematado este curso, todos ímonos de vacacións, coa única intención de recargar ben as pilas para que en setembro esteamos cheos de enerxía. Foi sen dúbida un ano xenial que sempre levaremos moi dentro de nós.
Sabemos que para o ano próximo faltará algunha da xente que estivo ao noso lado este curso, pero estamos seguros que de algunha maneira seguirán con nós, porque sabemos canto nos queren e o felices que os fixemos.
Sen máis palabras como sempre rematamos esta introducción desaxando que disfrutedes do vídeo.
Felices vacacións e ata sempre!!!
Ahhhh!!! e lembrade, que somos unha marea de xente.

viernes, 15 de junio de 2012

IMOS Á PRAIA, OH,OH,OH,OH!!!

Perdoooooon!!! Xa sei que tardamos un montón en enseñarvos a nosa saída. Pero entre tanta ficha e tanto traballo.... Bueno o importante é que os nenos da clase laranxa tamén tivemos a nosa excursión á praia de Santa Cristina. Aquí tedes o vídeo. Disfrutádeo coma nos.

jueves, 7 de junio de 2012

A clase Rosa de paseo pola praia

Como o verán está a piques de chegar, os nenos da clase Rosa decidimos ir a examinar o estado do areal da praia de Santa Cristina. A nosa idea era ver en que estado se atopaba, para saber si en breve poderemos ir a disfrutar del. Pero non só conseguimos o noso obxectivo, senon que tivemos unha chea de sorpresas. Si queredes saber cales, non tedes máis que mirar o seguinte vídeo.

miércoles, 6 de junio de 2012

SAÍDA SANTA CRISTINA (VERDES!!)

Aquí podedes ver canto gozamos coa saída por Santa Cristina a clase Verde acompañados por Fran e Cris.

Esperamos que vos guste!

lunes, 4 de junio de 2012

Bailando, paso o día bailando

Hola somos os "yellow boys" e tamén somos moito de bailar. Así que desde aquí, queremos dar as grazas a María por facernos as clases de psicomotricidade tan divertidas.