domingo, 28 de abril de 2013

OS CHOCOLATES IMOS DE MUSEO!!!

Este ano os nenos de 6º de infantil volvemos a visitar o Museo de Belas Artes de A Coruña. Esta vez vimos cadros relacionados co mar.
Este é o vídeo da visita da clase Chocolate. Pasámolo xenial gracias a un xogo no que tiñamos que buscar....
Bueno, mellor non volo digo, así seguro que vedes o vídeo.
Esperamos que vos guste.







jueves, 4 de abril de 2013

FALTAMOS OS LILAS!!!

A nosa visión da Mona Lisa de Botero tamén é un tanto especial. Sabemos que pintaba con moito volumen, asíque nós tamén quixemos facelo.
O resultado foi fantástico, e si queredes comprobalo, non tedes nada máis que ver o seguinte vídeo.
Disfrutade del!!!