lunes, 9 de noviembre de 2015

Samaín e Magosto no CEIP Valle-Inclán (Oleiros)

Moi boas familias!

Pois xa estamos aqui. Tardamos un pouquiño en arrincar co blog, pero xa estamos no camiño. Durante o curso publicaranse diferentes videos dos días máis sinalados no calendario dos nenos e nenas (festas, saídas, visitas, conmemoracións...) e hoxe podedes ver neste unha pequena mostra do que foi a semana do Samaín e o Magosto nas aulas de Educación Infantil.

É un pequeno fragmento, pero suficiente para poder ver o ben que o pasamos estes días.

Dende o Equipo de Educación Infantil, invitámosvos a ser partícipes do blog con todos os comentarios e visitas que queirades. Entre todos e todas faremos que esto sexa unha ferramenta máis para achegarvos un pouquiño máis, na medida do posible, algunhas das cousas que se fan no cole.

Un saúdo a todos e todas!



3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Que alegría atopar o blog en funcionamento. estaremos encantados de vivir máis de cerca o día a día da aula, e todo o que vai acontecendo. Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alegrámonos moito de que sexa así e o blog sirva para achegarvos na medida do posible algunhas das cousas que imos facendo. Un saúdo

      Eliminar