miércoles, 22 de junio de 2016

Psicomotricidade en Educación Infantil (2015-2016)

Boas familias!!

Logo dun curso cheo de grandes experiencias, aqui vos deixamos unha pequena mostra das dinámicas que levamos a cabo na aula de psicomotricidade cos nenos e nenas de todos os cursos de infantil.

Agardamos que vos gusten!

Bo verán!

lunes, 20 de junio de 2016

Despedida de 6º E.I. do CEIP Valle-Inclán (2015-2016)

Como agora xa pasou a sorpresa, publicamos no blog o video que fixeron os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil como despedida do seu paso por este ciclo. O curso que ven comezan a súa andadura na Educación Primaria e estamos seguros que seguirán desfrutando desa etapa, tanto ou máis do que o fixeron nesta.

Ata sempre nenos e nenas das aulas LARANXA, LILA e MARRÓN!!


domingo, 5 de junio de 2016

Taller skateboard 6º Educación Infantil

Boas familias!

O pasado xoves tivemos a oportunidade de desfrutar dun pequeno taller de skateboard no que os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil o pasaron xenial!!

Agardamos que vos guste.

Un saúdo!


miércoles, 2 de marzo de 2016

Saída 4º E.I. á Biblioteca Rialeda

Boa tarde familias!

Logo da anterior entrada para poñer ó día o blog, pasamos a algo que ocorreu onte mesmo.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil fixeron a primeira saída do curso, algo que foi realmente apaixoante para eles. Foi á BIBLIOTECA RIALEDA, onde coñeceron a FUCO, un rato moi divertido ó que lle encanta ler e contar contos. Ven dun lugar mooooi afastado que se chama LONXE DE TODO e no seguinte vídeo veredes o ben que o pasamos escoitando contos, cantando, xogando...



Fondo musical: "Winter solstice"/Gabriele Bochicchio. Creative Commons license: Attribution-Noncommercial-No Derivative Works 3.0

Algunhas novas e conmemoracións do 2º trimestre

Ola familias!

Estamos aquí de novo, desta volta para poñer ó día no blog algunhas das datas salientables do que levamos deste segundo trimestre.

Seremos breves, xa que a importancia desta entrada é que vexades os videos no caso de que ainda non tiverades a oportunidade de facelo. Falamos de 3 momentos:

1. DÍA DA PAZ (30 de Xaneiro):


2. ENTROIDO (5 de Febreiro):


3. XA TEMOS NOVOS BANCOS: Cada aula da planta baixa do edificio de infantil conta con bancos e percheiros identificados coas cores das mesmas para que os nenos e nenas deixen as mochilas e prendas de abrigo, así como as botas do horto. Deste xeito, as aulas teñen máis espazo hábil para empregar como recunchos ou zonas de actividades para os nenos e nenas.



miércoles, 6 de enero de 2016

Reis Magos Educación Infantil Valle-Inclán 2015

Ola familias!!

Pois como dixemos o último día de cole, aquí tedes un vídeo no que se poden ver as fotos de todas as aulas de Infantil polas que pasaron o rei Melchor e os seus paxes.

Rematou o 1º trimestre con esta gran visita e mañá comezamos o 2º con moitas ganas de máis visitas, saídas e sobre todo de seguir aprendendo todos os días.

Un saúdo e bo regreso ó cole!!



viernes, 18 de diciembre de 2015

O Rei Melchor e os seus paxes visitan o Valle-Inclán

Bo día a todos e todas!


Hoxe tivemos unha visita moi especial...nin mais nin menos que o Rei Melchor e dous dos seus paxes. Pasaron por todas as aulas de infantil para recibir as cartas dos nenos e nenas, e ademáis trouxeron un montón de regalos por ser mooooi bos!!

Aquí vos deixamos un pequeno anticipo (unha pequena parte das fotos) do que acaba de acontecer no cole e nos próximos días faremos outra entrada máis completa con todas as fotos que fixemos hoxe e que tanto lles vai gustar ver ós nenos e as nenas, que recibiron ó Rei Melchor e os paxes con unha gran ilusión!

FELICES FESTAS!!