miércoles, 26 de diciembre de 2012

Visita dos Reis Magos a 6º de Infantil


Como ben sabedes, o último día de clase tivemos a mellor das visitas.
Os nenos de 6º queremos deixarvos este vídeo como recordo.
Ahhhh! e que non se nos esqueza desexarvos:
UNHAS MOI FELICES FESTAS!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

Operación Planetario


Hoxe os nenos da clase blanca tivemos a sorte de poñer en práctica a "Operación Planetario". E vos preguntaredes; Qué é a" Operación Planetario"?, pois mirade o seguinte vídeo e saberedes en que consiste.
Disfrutade del tanto como nós.



sábado, 1 de diciembre de 2012

Os chocolates no Planetario


Na clase marrón chocolate estrenámonos nas saídas deste ano.
Como estamos aprendendo un montón de cousas sobre o Universo, os profes leváronnos ao Planetario.
Alí aprendimos moitísimo, e con este vídeo queremos demostrar que podemos aprender divertíndonos.
Esperamos que vos guste.


martes, 27 de noviembre de 2012

O Universo

Os nenos de 6º de Infantil estamos a aprender un montón de cousas sobre O Universo.
Xa sabemos un montón de cousas. O sistema solar, cantos planetas ten, qué é un satélite...
Para saber cantos planetas hay, aprendemos esta canción, pero si a escoitades tedes que ter en conta que temos que modificala. Nos xa sabemos que Plutón NON é un planeta, por iso cando a cantamos no estribillo decimos:
PLUTÓN NO, NO, NO
PLUTÓN NO, NO NO...



Retomamos o Blog


O primeiro de todo os mestres de Infantil queríamos pedir desculpas por ter un pouco abandoada esta ferramenta que tantas alegrías deunos o ano pasado.
Así que desde XA, estamos operativos un ano máis.
En breve comezaremos a publicar máis vídeos, imaxes, novas e demáis.  Voltamos con moitas gañas e de seguro que  nonvos imos a defraudar.

viernes, 29 de junio de 2012

Agasallo de final de curso

Como agasallo de fin de curso, os nenos  de Educación Infantil, coa axuda de algúns de Primaria, estivemos traballando moi duro para ofrecervos o seguinte vídeo.
É unha pequena presentación do que é o noso cole. Algúns dos seus espazos e as súas xentes (mestres, coidadoras, conserxe, xente de comedor....).
Pero de todos, sen dúbida algunha, as estrelas que máis brillan somos nós, os nenos, a verdadeira razón de ser de este blog.
Agora que xa está rematado este curso, todos ímonos de vacacións, coa única intención de recargar ben as pilas para que en setembro esteamos cheos de enerxía. Foi sen dúbida un ano xenial que sempre levaremos moi dentro de nós.
Sabemos que para o ano próximo faltará algunha da xente que estivo ao noso lado este curso, pero estamos seguros que de algunha maneira seguirán con nós, porque sabemos canto nos queren e o felices que os fixemos.
Sen máis palabras como sempre rematamos esta introducción desaxando que disfrutedes do vídeo.
Felices vacacións e ata sempre!!!
Ahhhh!!! e lembrade, que somos unha marea de xente.

viernes, 15 de junio de 2012

IMOS Á PRAIA, OH,OH,OH,OH!!!

Perdoooooon!!! Xa sei que tardamos un montón en enseñarvos a nosa saída. Pero entre tanta ficha e tanto traballo.... Bueno o importante é que os nenos da clase laranxa tamén tivemos a nosa excursión á praia de Santa Cristina. Aquí tedes o vídeo. Disfrutádeo coma nos.

jueves, 7 de junio de 2012

A clase Rosa de paseo pola praia

Como o verán está a piques de chegar, os nenos da clase Rosa decidimos ir a examinar o estado do areal da praia de Santa Cristina. A nosa idea era ver en que estado se atopaba, para saber si en breve poderemos ir a disfrutar del. Pero non só conseguimos o noso obxectivo, senon que tivemos unha chea de sorpresas. Si queredes saber cales, non tedes máis que mirar o seguinte vídeo.

miércoles, 6 de junio de 2012

SAÍDA SANTA CRISTINA (VERDES!!)

Aquí podedes ver canto gozamos coa saída por Santa Cristina a clase Verde acompañados por Fran e Cris.

Esperamos que vos guste!

lunes, 4 de junio de 2012

Bailando, paso o día bailando

Hola somos os "yellow boys" e tamén somos moito de bailar. Así que desde aquí, queremos dar as grazas a María por facernos as clases de psicomotricidade tan divertidas.

Os azulóns bailamos mogollón

E por fin os nenos da clase azul poñémonos a bailar.
Mirade ben o guapos que estamos.

A clase vermella vai de baile

Todos os vermelliños bailamos un montón Por iso cando a profe María ponnos música en psicomotricidade pasámolo xenial. Mirade este vídeo e veredes ata que punto.

domingo, 20 de mayo de 2012

VOLVEU O SOL!

Despois dun mes pasado por auga, frío e vento... chegaron o sol e a calor. Así puidemos disfrutar do noso recreo ao aire libre!

Aquí vos deixamos unha mostra.

lunes, 14 de mayo de 2012

A clase rosa xoga e baila

Na clase de psicomotricidade, xogamos e bailamos. Neste vídeo veredes que ben o pasamos.
Por momentos parecemos auténticas estatuas.

Os 

Os nenos de 6º C xogan como no cadro de Brueghel

Aquí tedes un vídeo dos nenos da clase marrón chocolate xogando como no cadro de Brueghel.
Esperamos que disfrutedes vendoo tanto como os nenos cando xogan.

jueves, 10 de mayo de 2012

Nuestras minúsculas

Con estas letras tan chulas, son con las que los niños del cole vamos a aprender a leer.
Son una verdadera preciosidad, y nos van a servir de gran ayuda.
Así seguro que nos será más fácil.

viernes, 27 de abril de 2012

"O conto dos medos do rato pequeno"

Este luns para celebrar o día do libro, os nenos da clase Rosa fixemos unha visita moi especial;. Fomos a unha clase de 3º de Primaria (a clase de Chus), onde os nenos tiñan preparado un conto para nós, O conto titulábase "O conto dos medos do rato pequeno".
Eles mesmos o fixeron coas súas mans e entre todos foron contando todos os medos que tiña ese rato tan simpático.
Aquí vos queda un vídeo da nosa visita. Esperamos que o disfrutedes a lo menos tanto como nós.

martes, 24 de abril de 2012

Día do Libro


Onte día 13 de abril no Concello de Oleiros celebramos o "Dïa do Libro"
Os nenos do cole fomos onte á Biblioteca Rialeda onde contáronnos fermosos contos ds irmáns Grimm.
Pasámolo xenial e aprendemos a querer un pouquiño máis aos libros.

martes, 10 de abril de 2012

Dos teus compañeiros de Infantil

Por traballar toda unha vida axudando aos demáis.
Por ter sempre un sorriso na cara.
Por alegrar o día a todo o mundo polas mañás.
Por ser como eras.
Aquí queda a túa última implicación, a que defende estas palabras.



viernes, 6 de abril de 2012

5º de Infantil aprende como se fai un Xornal

Os nenos de 5º de Infantil non paramos!!! Desta volta visitamos as instalacións que ten La Voz de Galicia no polígono de Sabón.
Alí aprendimos como se fai un xornal nestes días, pero tamén como se facía antigamente.
Ademáis vimos como é un plató de televisión, vimos o museo... e un montón de cousas máis.
Agardamos que vos guste o vídeo. Nós pasámolo xenial!!!

lunes, 26 de marzo de 2012

ENTROIDO 2012

Xa sabemos que este vídeo chega con un pouco de retraso, pero máis vale tarde que nunca.
Esperemos que disfrutedes dos" Monstruiños" de Infantil

viernes, 16 de marzo de 2012

Chega a Primavera


Como a Primavera xa está chegando, os nenos de Infantil do Valle Inclán queremos darlle a benvida.
E que mellor maneira que con esta fermosa canción.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Os nenos de 5º C no Museo de Belas Artes

A clase VERDE tamén fixemos a visita ao Museo!
Aquí podedes ver o ben que o pasamos. Saímos convertidos en artistas! as nosas obras de arte están expostas no taboleiro verde do corredor.

Os nenos de 5º B no Museo de Belas Artes

Nós taménb estivemos no Museo.
Aprendimos un montón de cousas e pasámolo xenial.
Ao final da saída fixemos un taller super chulo.
Mirade en que artistas nos convertemos.

Os nenos de 5º A no Museo de Belas Artes

Hola!
Este é o vídeo da visita que fixemos os nenos de 5ºA ao Museo de Belas Artes.
Disfrutadeo a lo menos tanto como nos.

lunes, 12 de marzo de 2012

5ºB tamén foi aos Bombeiros

E con este vídeo tan chulo, rematamos a seríe de saídas ao Parque de Bombeiros dos nenos de 5º de EI.
Pasámolo xenial.

viernes, 9 de marzo de 2012

Montador de Chemineas e Director de Banco

E para rematar esta xeira de vídeos das visitas dos papás, temos un montador de chemineas e un director de banco.
Esperamos que vos gustaran todos estos vídeos. Para nós foi unhs experiencia maravillosa, a edemáis aprendimos un montón.
Moitas grazas papis e mamis por facernos aprender tantas cousas.

miércoles, 7 de marzo de 2012

Profesro de Yoga

Este é o vídeo da visita dun profe de Yoga.
Tedes que perdoar pola tardanza, pero ao final aquí temos o vídeo.
Nós pasámolo moi ben e agardamos que vos guste.

5º A foron aos Bombeiros

Hola. Os nenos de 5º A de EI, fomos de visita ao parque de Bombeiros de A Coruña.
Fixemos moitas cousas e aprendimos un montón.
Si mirades este vídeo veredes o ben que o pasamos.
Disfrutade tanto como nos.

ç

viernes, 2 de marzo de 2012

Escola de Danza






Hola!
Os nenos de 5º de EI a semana pasada tivemos unha saída sorpresa.
Fomos moi cerquiña, a Escola de Danza que está xustiño ao lado do cole.
Alí agardábanos un espectáculo maravilloso.
Os bailarín profesionais que nos visitaron no cole, invitáronnos a ir a velos como ensaiaban para a súa próxima función.
Chegámos, sentámonos e disfrutamos un montón da posta en escena.
Pasámolo xenial e todos saimos un pouco máis convencidos de que de maiores queremos ser bailaríns.

viernes, 24 de febrero de 2012

Ciruxán Infantil

Hola!!!
Tócalle o turno ao papá de Anxo. É Ciruxán Infantil e traballa con nenos coma nós.
Coidaos cando estan moi maliños.
Contounos un montón de cousas e ata fixemos unha práctica curando a Cuki.
A ver se vos gusta.

miércoles, 22 de febrero de 2012

Qué ven a Policía Local!!!

A mamá de Noé tamén quixo contarnos como é o seu traballo.
Ela é Policía Local. Aprendimos como temos que facer se nos perdemos, que temos que aprender ben o noso enderezo, que o número de teléfono de emerxencias e o 112 e un montón de cousas máis.
Pero non todo ía a ser aprender tamén tivemos tempo de divertirnos.

Quenda dos papás Periodista e Arquitecto

O luns 13, visitáronnos os papás d Pelayo e Rita. Un é periodista e o outro arquitecto.
Aquí tedes un vídeo da súa visita. Qué vos guste!!!

jueves, 16 de febrero de 2012

A Animadora Infantil

Outro vídeo. Desta vez, UNHA ANIMADORA INFANTIL!!!.
Cantamos, bailamos, xogamos....
Mirade ben o vídeo e xa veredes qué ben o pasamos.

Profesora de bebés e adestrador-socorrista

Esta foi a primeira das visitas dos nosos papás.
A mamá de María e o papá de Mauro.
Ela é profesora de bebés, e el adestrador e socorrista.
Con eles empezamos a coñecer un montón das cousas que fan os nosos papás.
Gustounos un montón como poderedes ver no vídeo.
Esperamos que vos guste.


"Terrorífica" canción de Entroido

Esta é a terrorífica canción que imos a cantar o día do Entroido.
Claro como somos uns simpáticos monstruiños, damos MOITO MEDOOOOOOOO!!!!

lunes, 13 de febrero de 2012

Bailaríns Profesionais

Aquí tedes outro vídeo. Desta vez viñeron os papás de Alaia.
Eles son uns bailaríns profesionais. Explicáronnos o precioso do seu traballo e fixeron unha clase práctica.
Foi xenial, pasámolo fenomenal. Esperamos que vos guste.

Visita de Protección Civil e Bombeiros

Con este vídeo comezamos á publicación dos vídeos das visitas dos papás dos nenos de 4º de EI.
Nas súas visitas enséñannos os seus traballos e aprendemos un montón.
Este primeiro foron os papás de Juan (4ºA) e de Pablo (4ºB).
En canto teñamo os demais vídeos, iremos colgándoos no blog.
Esperamos que vos gusten.

lunes, 6 de febrero de 2012

Obradoiro de cociña

Os nenos de 6º fixemos un "Obradoiro de Cociña".
Aquí tedes un vídeo-resumo de todo o que traballamos.
Mirádeo ben e disfrutade como fixemos nos.


martes, 24 de enero de 2012

Algunhas normas interesantes


Aquí tedes un vídeo que lles poñemos aos nenos sobre algunhas normas. É moi interesante para que os rapaces non as esquezan.


lunes, 16 de enero de 2012

El invierno está llegando

Os nenos de Infantil recibimos o inverno con esta canción.
Agardamos que vos guste.
A PRACTICAR TODO O MUNDO!!!