viernes, 29 de junio de 2012

Agasallo de final de curso

Como agasallo de fin de curso, os nenos  de Educación Infantil, coa axuda de algúns de Primaria, estivemos traballando moi duro para ofrecervos o seguinte vídeo.
É unha pequena presentación do que é o noso cole. Algúns dos seus espazos e as súas xentes (mestres, coidadoras, conserxe, xente de comedor....).
Pero de todos, sen dúbida algunha, as estrelas que máis brillan somos nós, os nenos, a verdadeira razón de ser de este blog.
Agora que xa está rematado este curso, todos ímonos de vacacións, coa única intención de recargar ben as pilas para que en setembro esteamos cheos de enerxía. Foi sen dúbida un ano xenial que sempre levaremos moi dentro de nós.
Sabemos que para o ano próximo faltará algunha da xente que estivo ao noso lado este curso, pero estamos seguros que de algunha maneira seguirán con nós, porque sabemos canto nos queren e o felices que os fixemos.
Sen máis palabras como sempre rematamos esta introducción desaxando que disfrutedes do vídeo.
Felices vacacións e ata sempre!!!
Ahhhh!!! e lembrade, que somos unha marea de xente.

5 comentarios:

  1. O noso pequeno bebé abre os ollos ao mundo, esperemos que vos guste!

    ResponderEliminar
  2. he visto esta video y me encanto es muy bonito y no quiero decir esteticamente sino interiormente da muy buen rollo felicidades.

    ResponderEliminar
  3. Menudo agasallo!! Isto só se pode facer cando hai un bo equipo, motivado e traballador, pese ás numerosas adversidades. Aos profes non hai quen os tumbe!
    Este vídeo merece un premio, ou dous, ou tres, ...

    ResponderEliminar
  4. Eu non me canso de velo. Ainda recordo o día da grabación e o ben que o pasamás todos, sobre todo os nenos. Gran equipo, sí señor!!!!

    ResponderEliminar
  5. Me encaaaaaaaaaaaaaaaaaaaanta!!!!

    ResponderEliminar