jueves, 31 de enero de 2013

Día da Paz


Sabemos que o Día da Paz debe ser TODOS OS DÍAS, pero non está de máis recordalo de vez en cando.
No cole fixémolo este mércores 30 de xaneiro.
Estamos todos os nenos de infantil,e nel podedes ver a árbore que fixemos. Debuxamos nunhas nubes unhas pombas aproveitando o perfil das palmas das nosas mans.
Tamén cantamos a canción "Color Esperanza" e fixemos unha solta de pombas.
Esperamos que vos guste.


martes, 29 de enero de 2013

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!

Unha das festas máis divertidas do ano, está a piques de chegar: "O Entroido". Como todos os anos, o tema sobre o que decidir os disfraces ven proposto polo equipo de Biblioteca. Este ano propuxeron os seres imaxinarios, e de todos os que hai, nós eleximos As Meigas ( porque habelas hainas). Así que de aquí a uns días seremos uns Grandes Expertos en pocimas e conxuros. Esperamos aprender un montón, pero o que sí que é seguro, é que ímolo a pasar XENIAL!!!!

lunes, 21 de enero de 2013

O Sistema Solar

Os nenos que mañá pasen polo primeiro andar do edificio de infantil, terán a sorpresa de ver este mural do Sistema Solar.
E os que estén na planta baixa, NON DUBIDEDES EN SUBIR A VELO!!!!
Quedou moi bonito!!!