domingo, 5 de junio de 2016

Taller skateboard 6º Educación Infantil

Boas familias!

O pasado xoves tivemos a oportunidade de desfrutar dun pequeno taller de skateboard no que os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil o pasaron xenial!!

Agardamos que vos guste.

Un saúdo!


miércoles, 2 de marzo de 2016

Saída 4º E.I. á Biblioteca Rialeda

Boa tarde familias!

Logo da anterior entrada para poñer ó día o blog, pasamos a algo que ocorreu onte mesmo.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil fixeron a primeira saída do curso, algo que foi realmente apaixoante para eles. Foi á BIBLIOTECA RIALEDA, onde coñeceron a FUCO, un rato moi divertido ó que lle encanta ler e contar contos. Ven dun lugar mooooi afastado que se chama LONXE DE TODO e no seguinte vídeo veredes o ben que o pasamos escoitando contos, cantando, xogando...



Fondo musical: "Winter solstice"/Gabriele Bochicchio. Creative Commons license: Attribution-Noncommercial-No Derivative Works 3.0

Algunhas novas e conmemoracións do 2º trimestre

Ola familias!

Estamos aquí de novo, desta volta para poñer ó día no blog algunhas das datas salientables do que levamos deste segundo trimestre.

Seremos breves, xa que a importancia desta entrada é que vexades os videos no caso de que ainda non tiverades a oportunidade de facelo. Falamos de 3 momentos:

1. DÍA DA PAZ (30 de Xaneiro):


2. ENTROIDO (5 de Febreiro):


3. XA TEMOS NOVOS BANCOS: Cada aula da planta baixa do edificio de infantil conta con bancos e percheiros identificados coas cores das mesmas para que os nenos e nenas deixen as mochilas e prendas de abrigo, así como as botas do horto. Deste xeito, as aulas teñen máis espazo hábil para empregar como recunchos ou zonas de actividades para os nenos e nenas.



miércoles, 6 de enero de 2016

Reis Magos Educación Infantil Valle-Inclán 2015

Ola familias!!

Pois como dixemos o último día de cole, aquí tedes un vídeo no que se poden ver as fotos de todas as aulas de Infantil polas que pasaron o rei Melchor e os seus paxes.

Rematou o 1º trimestre con esta gran visita e mañá comezamos o 2º con moitas ganas de máis visitas, saídas e sobre todo de seguir aprendendo todos os días.

Un saúdo e bo regreso ó cole!!



viernes, 18 de diciembre de 2015

O Rei Melchor e os seus paxes visitan o Valle-Inclán

Bo día a todos e todas!


Hoxe tivemos unha visita moi especial...nin mais nin menos que o Rei Melchor e dous dos seus paxes. Pasaron por todas as aulas de infantil para recibir as cartas dos nenos e nenas, e ademáis trouxeron un montón de regalos por ser mooooi bos!!

Aquí vos deixamos un pequeno anticipo (unha pequena parte das fotos) do que acaba de acontecer no cole e nos próximos días faremos outra entrada máis completa con todas as fotos que fixemos hoxe e que tanto lles vai gustar ver ós nenos e as nenas, que recibiron ó Rei Melchor e os paxes con unha gran ilusión!

FELICES FESTAS!!

























lunes, 16 de noviembre de 2015

Saídas ó Parque Natural dos Veciños (5º E.I.) e á Casa das Ciencias (6º E.I.)

Boa tarde familias!!

Xa estamos aquí de novo, nesta ocasión para deixarvos un par de vídeos das saídas que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil a pasada semana.

O primeiro vídeo correspóndese coa saída ó Parque Natural dos Veciños dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos). A saída tivo lugar en 3 días diferentes (unha aula cada día), para así poder desfrutar da ruta nese paraxe natural marabilloso que temos moi preto do colexio.



Por outra banda, neste segundo vídeo faise un pequeno resumo da saída dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil (5 anos) á Casa das Ciencias, na que desfrutaron de todos os experimentos e visitaron o Planetario.



Agardamos que vos gusten os vídeos e sirvan para achegar un pouquiño máis o día a día no colexio.

Un saúdo!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Samaín e Magosto no CEIP Valle-Inclán (Oleiros)

Moi boas familias!

Pois xa estamos aqui. Tardamos un pouquiño en arrincar co blog, pero xa estamos no camiño. Durante o curso publicaranse diferentes videos dos días máis sinalados no calendario dos nenos e nenas (festas, saídas, visitas, conmemoracións...) e hoxe podedes ver neste unha pequena mostra do que foi a semana do Samaín e o Magosto nas aulas de Educación Infantil.

É un pequeno fragmento, pero suficiente para poder ver o ben que o pasamos estes días.

Dende o Equipo de Educación Infantil, invitámosvos a ser partícipes do blog con todos os comentarios e visitas que queirades. Entre todos e todas faremos que esto sexa unha ferramenta máis para achegarvos un pouquiño máis, na medida do posible, algunhas das cousas que se fan no cole.

Un saúdo a todos e todas!