lunes, 16 de noviembre de 2015

Saídas ó Parque Natural dos Veciños (5º E.I.) e á Casa das Ciencias (6º E.I.)

Boa tarde familias!!

Xa estamos aquí de novo, nesta ocasión para deixarvos un par de vídeos das saídas que fixeron os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Infantil a pasada semana.

O primeiro vídeo correspóndese coa saída ó Parque Natural dos Veciños dos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos). A saída tivo lugar en 3 días diferentes (unha aula cada día), para así poder desfrutar da ruta nese paraxe natural marabilloso que temos moi preto do colexio.



Por outra banda, neste segundo vídeo faise un pequeno resumo da saída dos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil (5 anos) á Casa das Ciencias, na que desfrutaron de todos os experimentos e visitaron o Planetario.



Agardamos que vos gusten os vídeos e sirvan para achegar un pouquiño máis o día a día no colexio.

Un saúdo!

lunes, 9 de noviembre de 2015

Samaín e Magosto no CEIP Valle-Inclán (Oleiros)

Moi boas familias!

Pois xa estamos aqui. Tardamos un pouquiño en arrincar co blog, pero xa estamos no camiño. Durante o curso publicaranse diferentes videos dos días máis sinalados no calendario dos nenos e nenas (festas, saídas, visitas, conmemoracións...) e hoxe podedes ver neste unha pequena mostra do que foi a semana do Samaín e o Magosto nas aulas de Educación Infantil.

É un pequeno fragmento, pero suficiente para poder ver o ben que o pasamos estes días.

Dende o Equipo de Educación Infantil, invitámosvos a ser partícipes do blog con todos os comentarios e visitas que queirades. Entre todos e todas faremos que esto sexa unha ferramenta máis para achegarvos un pouquiño máis, na medida do posible, algunhas das cousas que se fan no cole.

Un saúdo a todos e todas!