jueves, 27 de junio de 2013

VERÁN, VERÁN, VERÁN!!!!...E FIN DE ETAPA PARA ALGÚNS!!!



XA CHEGOU O VERÁN!!!!  Ímonos de vacacións todos, pero algúns imos un pasiño máis alá.
Os nenos de 6º de Infantil deixamos atrás unha fermosa etapa, pero empezamos outra que de suguro tamén será xenial.
E como non podía ser de outra maneira, non podíamos  irnos sen facer algo especial.
Así que a aquí tedes este vídeo de recordo que de seguro quedará gardado para sempre nos nosos corazóns.
Disfrutade del!!!

jueves, 6 de junio de 2013

Invasión lila no Castelo de Santa Cruz!

Os "bilitroques" tamén fomos a explorar á Illa do Castelo de Santa Cruz. Pasámolo en grande, aprendemos moitas cousas coa axuda de dous amigos xa coñecidos e queridos.  Resultou unha moi boa experiencia para despedir o curso!! Esperemos que vos guste tanto coma a nós!


domingo, 2 de junio de 2013

OS BRANCOS NO CASTELO DE SANTA CRUZ

Os nenos da clase Branca fomos ao Castelo de Santa Cruz. Alí aprendimos moitas cousa, escoitamos contos, buscamos cunchas e moitas cousas máis. Mirade o vídeo e veredes como foi a cousa!!!

miércoles, 29 de mayo de 2013

CHOCOLATE NO CASTELO!!!

O ano pasado fumos a Santa Cristina, e este ano a Santa Cruz. Si o ano pasado pasámolo xenial, este non foi menos.
Encantounos todo o que fixemos: a caminata pola praia, a subida ao Castelo, pasar pola pasarela, a historia de Zezi....
En fin que como última excursión do ano non podía ser mellor.

jueves, 16 de mayo de 2013

MURAIS PARA AS LETRAS GALEGAS


Como ben sabedes o día 17de Maio celébrase o día das Letras Galegas.
Pois nós, os nenos de Infantil decidimos plantexalo como un xogo de adiviñas.
Fixemos murais que decoran os nosos corredores e aprendimos un montón de cousas.
Ahhhh!!!! e como non, fixemos un vídeo para compartilo con todos vos.
Esperamos que vos guste.

lunes, 13 de mayo de 2013

Meu o mundo é!!!




Xa estamos a preparar o Día das Letras Galegas. Xa coñecemos a Bolaño, xa fixemos uns poemiñas na clase e agora toca o máis divertido:
CANTAAAAAAAAAR!!!!!
Esta é a canción que imos a aprender este ano. Esperamos bailala un montón!!!!
Escoitadea ben é super pegañenta!!!!!




lunes, 6 de mayo de 2013

Sol soliño quédate un pouquiño...


    Despois de tantos recreos sen poder saír ao noso querido patio, por fin saliu o sol! Esperemos que non marche por moito tempo, agardaremos entusiasmados a súa volta!!

    Deixamos aquí unha mostra do fermoso que é o noso patio e o ben que o pasamos nel. Desexamos que vos guste moito!


viernes, 3 de mayo de 2013

A CLASE BRANCA APRENDE MOITA ARTE



Si os colegas da case chocolate foron ao museo de Belas Artes, nóns os da clae branca TAMEEEEEEEEEEN!!!!
Fixemos este vídeo guai que esperamos que vos guste.






domingo, 28 de abril de 2013

OS CHOCOLATES IMOS DE MUSEO!!!

Este ano os nenos de 6º de infantil volvemos a visitar o Museo de Belas Artes de A Coruña. Esta vez vimos cadros relacionados co mar.
Este é o vídeo da visita da clase Chocolate. Pasámolo xenial gracias a un xogo no que tiñamos que buscar....
Bueno, mellor non volo digo, así seguro que vedes o vídeo.
Esperamos que vos guste.







jueves, 4 de abril de 2013

FALTAMOS OS LILAS!!!

A nosa visión da Mona Lisa de Botero tamén é un tanto especial. Sabemos que pintaba con moito volumen, asíque nós tamén quixemos facelo.
O resultado foi fantástico, e si queredes comprobalo, non tedes nada máis que ver o seguinte vídeo.
Disfrutade del!!!


sábado, 23 de marzo de 2013

BOTERO VISTO POLA CLASE BLANCA


Esta é a visión que temos os nenos da clase Blanca sobre a obra de Fernando Botero.
Él é un artista con sona mundial, pero nós como continuemos a este ritmo.... que se vaia preparando!!!
O certo é que encántanos a arte.
Comprobádeo vós mesmos.

jueves, 21 de marzo de 2013

A CLASE BLANCA "EDUCADOS VIALES"

Aquí estamos os nenos da clase blanca co noso vídeo sobre  Educación Vial. Non queremos compararnos coas outras clases de 6º, porque xa vimos que o fixeron xenial. O único quequeremos é que vexades o ben que o pasamos e o moito que aprendemos.
Só tedes que fixarvos nas nosas caras para decatarvos do xenial que foi esta actividade.


viernes, 15 de marzo de 2013

ARTE EN CHOCOLATE

Está ben, xa vimos que os nenos de 5º son uns artistas con isto dos pinceis, así que os de 6º non queremos ser menos. Falamos coa profe Flora e dixémoslle que nós tamén queríamos demostrar a nosa arte. Pois aquí estamos os da clase  Chocolate para demostrar o noso talento.
Valorádeo vós mesmos!!!


jueves, 14 de marzo de 2013

OS LILAS AO VOLANTE!!!

Os nenos da clase lila tomamos o relevo no pavillón, e tamén fixemos un vídeo.
Polo que din os da clase marrón chocolate pasárono xenial, pois anda que nós.... Con tan só ver as nosas caras podedes facervos unha idea.
Disfrutade co vídeo!!!


miércoles, 13 de marzo de 2013

OS CHOCOLATES APRENDEMOS EDUCACIÓN VIAL

Despoisde dous días de charlas, por fin chegou o día de demostrar na práctica o que sabemos de Educación Vial.
Hoxe estivemos no pavillón do cole e alí fixemos un percorrido onde tivemos que desenvolver distintos roles; uns peóns, outros policias, outros conductores... En fin mellor deixarnos de tanta palabrería. O mellor é que vexades este vídeo.
Disfrutade de él.


martes, 5 de marzo de 2013

5º Apagalumes!!!!

Olaaaaa!!!!
Somos os nenos das clases VERDE, LARANXA, e ROSA, e a semana pasada fixemos unha saída do cole que foi xenial. Nin máis nin menos que ao Parque de Bombeiros de A Coruña.
Alí aprendimos un montón de cousas que queremos compartir con vós.
Como non se nos ocorría mellor maneira, pois decidimos, en asamblea, facer un vídeo.
Esperamos que vos guste.



domingo, 3 de marzo de 2013

Rositas de artistas

Turno da clase Rosa.
Nós non queremos ser menos, así que tamén coñecemos a Kandinsky.
A nós gustounos moito como usa as cores, por iso decidimos probar nós mesmos como traballaba este artista.
O resultado é inmellorable, e si non nos creedes, pois mirade este vídeo e despois xa nos decides.
A disfrutar!!!


Os laranxas e Kandinsky

Os laranxas tamén coñecemos a Kandinsky, así que tamén púxemos mans á obra e traballamos con él.
Fixemos este fermoso cadro cheo de cor.
O certo é que visto o resultado pódese dicir que somos uns pedazo de artistas.
Disfrutade da nosa obra!!!



Kandinsky visto pola clase verde

Queremos demostrar que somos uns artistas, así que a profe Flora deunos unha boísima oportunidade.
Deixounos que interpretáramos a un dos mellores pintores, Wassily Kandinsky.
Este é o resultado final.
Esperemos que disfrutedes vendo o vídeo, tanto como o fixemos pintando.



domingo, 24 de febrero de 2013

MACACO

Por unha vez imos a subir un vídeo no que non saen os nenos do cole. É un vídeo do cantante Macaco cos rapaces e traballadores da planta de oncoloxía do hospital Sant Joan de Déu de Barcelona. Parécenos que a mensaxe que manda a letra da canción é moi fermosa, por iso queremos compartila con todos vos. Agardamos que vos guste.



jueves, 14 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Aquí está o vídeo da nosa actuación o día do Entroido.
É unha mágoa que o día non nos respetara para poder disfrutalo ao aire libre (o "Push, Pupush" non funcionou ben).
Ainda así no pabillón non o pasamos nada mal. .
Esperamos que vos guste!!!!

PD: Síiiiiiii, xa sei que estamos no ano 2 0 1 3  e non no 2 0 0 1 3, pero un erro teno calqueira ( e moito máis si está en Infantil!!! Non?)






sábado, 9 de febrero de 2013

ENTROIDO

Este é un aperitivo do entroido.
Aquí tedes unha foto panorámica na que saen todos s nenos de infantil.
En breve subiremos o vídeo da festa.


miércoles, 6 de febrero de 2013

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA... SESIÓN INTERPLANETARIA

Os LILAS tamén fomos ao Planetario!! Pasámolo moi ben e aprendimos un monton de cousas. Aínda que moitas xa as sabiamos, é que somos uns expertos no tema do Universo!!



lunes, 4 de febrero de 2013

CANCIÓN DO ENTROIDO

Esta vai a ser a canción que imos a bailar no festival do entroido. Temos moito que ensaiar, pero de aquí ao venres seguro que o facemos fenomenal.
SEGUIMOS PRACTICANDO!!!!



jueves, 31 de enero de 2013

Día da Paz


Sabemos que o Día da Paz debe ser TODOS OS DÍAS, pero non está de máis recordalo de vez en cando.
No cole fixémolo este mércores 30 de xaneiro.
Estamos todos os nenos de infantil,e nel podedes ver a árbore que fixemos. Debuxamos nunhas nubes unhas pombas aproveitando o perfil das palmas das nosas mans.
Tamén cantamos a canción "Color Esperanza" e fixemos unha solta de pombas.
Esperamos que vos guste.


martes, 29 de enero de 2013

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!

Unha das festas máis divertidas do ano, está a piques de chegar: "O Entroido". Como todos os anos, o tema sobre o que decidir os disfraces ven proposto polo equipo de Biblioteca. Este ano propuxeron os seres imaxinarios, e de todos os que hai, nós eleximos As Meigas ( porque habelas hainas). Así que de aquí a uns días seremos uns Grandes Expertos en pocimas e conxuros. Esperamos aprender un montón, pero o que sí que é seguro, é que ímolo a pasar XENIAL!!!!

lunes, 21 de enero de 2013

O Sistema Solar

Os nenos que mañá pasen polo primeiro andar do edificio de infantil, terán a sorpresa de ver este mural do Sistema Solar.
E os que estén na planta baixa, NON DUBIDEDES EN SUBIR A VELO!!!!
Quedou moi bonito!!!