É unha pequena presentación do que é o noso cole. Algúns dos seus espazos e as súas xentes (mestres, coidadoras, conserxe, xente de comedor....).
Pero de todos, sen dúbida algunha, as estrelas que máis brillan somos nós, os nenos, a verdadeira razón de ser de este blog.
Agora que xa está rematado este curso, todos ímonos de vacacións, coa única intención de recargar ben as pilas para que en setembro esteamos cheos de enerxía. Foi sen dúbida un ano xenial que sempre levaremos moi dentro de nós.
Sabemos que para o ano próximo faltará algunha da xente que estivo ao noso lado este curso, pero estamos seguros que de algunha maneira seguirán con nós, porque sabemos canto nos queren e o felices que os fixemos.
Sen máis palabras como sempre rematamos esta introducción desaxando que disfrutedes do vídeo.
Felices vacacións e ata sempre!!!
Ahhhh!!! e lembrade, que somos unha marea de xente.
