Hola!!!
Tócalle o turno ao papá de Anxo. É Ciruxán Infantil e traballa con nenos coma nós.
Coidaos cando estan moi maliños.
Contounos un montón de cousas e ata fixemos unha práctica curando a Cuki.
A ver se vos gusta.
A mamá de Noé tamén quixo contarnos como é o seu traballo.
Ela é Policía Local. Aprendimos como temos que facer se nos perdemos, que temos que aprender ben o noso enderezo, que o número de teléfono de emerxencias e o 112 e un montón de cousas máis.
Pero non todo ía a ser aprender tamén tivemos tempo de divertirnos.
Esta foi a primeira das visitas dos nosos papás.
A mamá de María e o papá de Mauro.
Ela é profesora de bebés, e el adestrador e socorrista.
Con eles empezamos a coñecer un montón das cousas que fan os nosos papás.
Gustounos un montón como poderedes ver no vídeo.
Esperamos que vos guste.
Aquí tedes outro vídeo. Desta vez viñeron os papás de Alaia.
Eles son uns bailaríns profesionais. Explicáronnos o precioso do seu traballo e fixeron unha clase práctica.
Foi xenial, pasámolo fenomenal. Esperamos que vos guste.
Con este vídeo comezamos á publicación dos vídeos das visitas dos papás dos nenos de 4º de EI.
Nas súas visitas enséñannos os seus traballos e aprendemos un montón.
Este primeiro foron os papás de Juan (4ºA) e de Pablo (4ºB).
En canto teñamo os demais vídeos, iremos colgándoos no blog.
Esperamos que vos gusten.