domingo, 24 de febrero de 2013

MACACO

Por unha vez imos a subir un vídeo no que non saen os nenos do cole. É un vídeo do cantante Macaco cos rapaces e traballadores da planta de oncoloxía do hospital Sant Joan de Déu de Barcelona. Parécenos que a mensaxe que manda a letra da canción é moi fermosa, por iso queremos compartila con todos vos. Agardamos que vos guste.



jueves, 14 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Aquí está o vídeo da nosa actuación o día do Entroido.
É unha mágoa que o día non nos respetara para poder disfrutalo ao aire libre (o "Push, Pupush" non funcionou ben).
Ainda así no pabillón non o pasamos nada mal. .
Esperamos que vos guste!!!!

PD: Síiiiiiii, xa sei que estamos no ano 2 0 1 3  e non no 2 0 0 1 3, pero un erro teno calqueira ( e moito máis si está en Infantil!!! Non?)






sábado, 9 de febrero de 2013

ENTROIDO

Este é un aperitivo do entroido.
Aquí tedes unha foto panorámica na que saen todos s nenos de infantil.
En breve subiremos o vídeo da festa.


miércoles, 6 de febrero de 2013

MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA... SESIÓN INTERPLANETARIA

Os LILAS tamén fomos ao Planetario!! Pasámolo moi ben e aprendimos un monton de cousas. Aínda que moitas xa as sabiamos, é que somos uns expertos no tema do Universo!!



lunes, 4 de febrero de 2013

CANCIÓN DO ENTROIDO

Esta vai a ser a canción que imos a bailar no festival do entroido. Temos moito que ensaiar, pero de aquí ao venres seguro que o facemos fenomenal.
SEGUIMOS PRACTICANDO!!!!



jueves, 31 de enero de 2013

Día da Paz


Sabemos que o Día da Paz debe ser TODOS OS DÍAS, pero non está de máis recordalo de vez en cando.
No cole fixémolo este mércores 30 de xaneiro.
Estamos todos os nenos de infantil,e nel podedes ver a árbore que fixemos. Debuxamos nunhas nubes unhas pombas aproveitando o perfil das palmas das nosas mans.
Tamén cantamos a canción "Color Esperanza" e fixemos unha solta de pombas.
Esperamos que vos guste.


martes, 29 de enero de 2013

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!!!

Unha das festas máis divertidas do ano, está a piques de chegar: "O Entroido". Como todos os anos, o tema sobre o que decidir os disfraces ven proposto polo equipo de Biblioteca. Este ano propuxeron os seres imaxinarios, e de todos os que hai, nós eleximos As Meigas ( porque habelas hainas). Así que de aquí a uns días seremos uns Grandes Expertos en pocimas e conxuros. Esperamos aprender un montón, pero o que sí que é seguro, é que ímolo a pasar XENIAL!!!!